xoves, 10 de decembro de 2015

Actividade 9.



                                 ACTIVIDADE9.PDF

Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE9.
Os conceptos están definidos nas páxinas 49 e 50 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:


(0.75 puntos) Módems (ADSL,cable e USB). Busca unha imaxe de cada un na rede.

Os modems son dispositivos que permiten enviar ou recibir información a través dunha liña analóxica ou dixital. A palabra ``módem´´ provén dos términos MOdular-DEModular e a súa misión consiste en convertir o sinal dixital do ordenador en analóxica e viceversa.
En función da tecnoloxía utilizada para transmitir a información distínguense varios tipos:
  • Modems ADSL: Utiliza un fío de cobre dunha liña telefónica para a transmisión de datos de alta velocidade. Esta tecnoloxía denominase asimétrica debido a que a capacidade de decarga ( en sentido inverso) non coiciden. A tecnoloxía que se emprega , ADSL2, ADSL+2 ou VDSL, proporciona un gran amplo de banda que permite integrar na mesma liña de voz, datos, vídeo e televisión de alta calidade polo que é unha das mais utilizadas.
  • Cable módem: Desinado para modular o sinal de datos sobre a infraestructura de conexión por cable. Utilízase xeralmente para acceder a servizos de televisión por cable que, adicionalmente, proporcionan acceso a internet de banda ampla.
  • Modem USB: utiliza a banda ancha móvil para obter internet en calquera lugar e momento, sempre que dispoña de cobertura. Ofrece diferentes velocidades en función do tipo de conexión , GPRS, 3G ou 4G. Os teléfonos intelixentes pódense configurar como modem co que conectar outros dispositivos inlámbricos.





                                                           









                                   
(0.75 puntos) Router. Busca unha imaxe na rede. 

Un router é un dispositivo que permite interconectar diferentes redes informáticas, seleccionando a ruta de comunicación máis adecuada para o envío de datos. A maioría de routers tamén inclúen un módem coa tecnoloxía adecuada para a conexión a internet.



         







(0.5 puntos) Dispositivo PLC. Busca unha imaxe na rede.

A tecnoloxía PLC (Power Line Communications) utiliza a liña electrónica convencional para a transmisión de datos. Os dispositivos PLC teñen unha función similar a dun módem, aínda que  neste caso ultilizan a rede eléctrica para a transmisón de datos. O seu uso permite, entre outras cousas, o acceso a internet mediante banda ancha, a transmisión de vídeo de alta definición e uso de telefonía IP.




                       





 
(1 punto) Cableado de rede. Busca imaxes na rede onde aparezan os conectores RJ45 e ST e cables de par trenzado apantallado e fibra óptica. Nestes últimos deben estar indicadas as suas partes.
O cable é un dos medios de conexión utilizado nas redes para trasmitir datos. Existen diferentes tipos de cable:
  • Cabreado coaxial: esta formado por un hilo condutor central, protexido das correntes eléctricas externas por unha malla de cobre. É similar a que se usa para a antena de televisión, aínda que actualmente está en desuso.
  • Cabreado de par trenzado: Está constituído por catro pares de hilos. Cada par está entrelazado para disminuir  a interferencia eléctrica e evitar que se acople o sinal entre pares. Dentro deste cabreado distínguense os seguintes tipos:
  1. UTP: É un cable non apantallado. É de baixo coste pero sensible a interferencias, polo que produce máis erros que outros cables.
  2. STP: É un cable apantallado , é dicir, é dicir ten unha malla metálica arredor do cable que o protexe das interferencias electromagnéticas.
  3. FTP: É un cable apantallado con blindaxe global que posúe unha pantalla condutora en forma trenzada. Mellora a protección fronte as interferencias con respecto aos anteriores.
Existen diversas categorías de cables, dependendo da súa velocidade de transmisión. As que están en uso son: categoría 5 (100 Mbps),categoría 6 (1Gbps), categoría 7 (10 Gbps) e categoría 8, que está en fase de desenvolvemento. O cabreado de par trenzado utiliza conectores RJ-45.
 
  • Cable de fibra óptica: É unha fibra moi fina de material tranparente, vidro ou material plástico, pola que se envía un haz de luz. Estes cables constan de un grupo de fibras ópticas protexidas con hiladuras de aramida para facelos resistentes a tracción, ademáis de estar protexidos por varios revestimentos. Os conectores máis ultilizados  na fibra óptica para redes de área local son ST, LC,FC E SC. 

           


















xoves, 3 de decembro de 2015

Actividade 7

ACTIVIDADE7.PDF: 

Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE7. Os conceptos están definidos nas páxinas 44 e 45 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:
1. Disco duro.Busca imaxe ou imaxes na rede onde apareza a estrutura dun disco magnético de xeito similar á figura 27 da páxina 44 do libro.
Un disco duro é un dispositivo magnético utilizado para almacenar gran cantidade de información. Componse de varios pratos, apelados nun mesmo eixe que xira a gran velocidade dentro dunha caixa metálica sellada. Entre os pratos están situadas as cabezas de lectura-escritura que leen e escriben nas dúas cara de cada disco.
Dependendo da tecnoloxía utilizada para a transferencia de datos,os discos duros poden ser de varios tipos: IDE, SCSI, SATA, SAS, etc. O seu tamaño aumentou vertixinosamente, pasando do primeiro disco duro de 5MB, que pesaba unha tonelada, aos discos actuais de varios TB con un tamaño algo maior ca un telefono móbil.

  • Estrutura dun disco magnético:
 
  

-Caras: superficies superior e inferior de cada disco.
-Pistas: círculos concéntricos nos que se divide cada cara do disco.
-Sectores: divisións que fan na pista.
-Cilindros
: conxunto de pistas que están aliñadas verticalmente en todas as caras.
Este concepto utilizase nos discos duros, posto que neles hai varios pratos con pistas en ambas caras.






       



2. Memorias Flash. Busca 2 imaxes na rede (USB e tarxeta de memoria).

A memoria flash é un sistema de almacenamento estático que non necesita corrente para manter gardados os datos. Funciona mediante impulsos eléctricos e alcanza velocidades de funcionamento moi superiores a os outros dispositivos porque permite ler e escribir datos de forma simultánea.
Converteuse nun soporte de uso habitual par almacenar e transportar información xa que, entre as súas características destacan a súa gran capacidade, as súas pequenas dimensións, o sei prezo asequible, a súa gran resistencia, a posibilidade de usala en dispositivos de diferente tipo e a súa facilidade de emprego. Iso si, a vida dunha memoria flash no indefinida: cífranse entre cen mil e un millón as veces que se pode gravar información nela.

Os tipos de memoria flash son:
  • Memorias USB: Pequenos dispositivos cun chip de memoria flash, Conéctanse ao ordenador a través do porto USB en quente, é dicir, aínda que estea acendido. Xeralmente, non hai que instalar ningún sofware nin driver para utilizalas, xa que o sistema operativo as recoñece automaticamente.
  • Tarxetas de memoria: Son os soportes de almacenamento utilizados habitualmente en cámaras dixitais e móbiles, polo que se soen conectar ao ordenador a través dun lector de tarxetas de memoria para transferir a sá información. Existen multitude de tipos e formatos, en función do fabricante; algúns dos máis comúns son SD, MiniSD MicroSD,NanoSD, Compact flash, Memory Stick, xD ,MMC, etc.
      
3. Unidade de estado Sólido. Busca unha imaxe na rede.

Unha unidade de estado sólido SSD ( Solid State Drive ) é un dispositivo de almacenamento secundario de gran capacidade e alta velocidade. Ten o mesmo uso que os discos duros, pero no están formados por discos mecánicos, senón por memorias de circuítos integrados para almacenar a información utilizando tecnoloxías como a memoria flash, memoria SDRAM, etc. Ao non ter pezas móbiles, a unidade de estado sólido reduce drasticamente o tempo de busqueda e latencia, polo que converteuse nunha alternativa moito máis rápida que os discos duros.

As SSD fan uso da mesma interfaz que os discos duros e polo tanto, son fácilmente intercambiables sen ter que recurrir a adaptadores ou tarxetas de expansión para compatibilizalos co equipo. Ao ser inmunes as vibracións externas, son especialmente aptas para vehículos, ordenadores portátiles e outros dispositivos móbiles.