xoves, 3 de decembro de 2015

Actividade 7

ACTIVIDADE7.PDF: 

Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE7. Os conceptos están definidos nas páxinas 44 e 45 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:
1. Disco duro.Busca imaxe ou imaxes na rede onde apareza a estrutura dun disco magnético de xeito similar á figura 27 da páxina 44 do libro.
Un disco duro é un dispositivo magnético utilizado para almacenar gran cantidade de información. Componse de varios pratos, apelados nun mesmo eixe que xira a gran velocidade dentro dunha caixa metálica sellada. Entre os pratos están situadas as cabezas de lectura-escritura que leen e escriben nas dúas cara de cada disco.
Dependendo da tecnoloxía utilizada para a transferencia de datos,os discos duros poden ser de varios tipos: IDE, SCSI, SATA, SAS, etc. O seu tamaño aumentou vertixinosamente, pasando do primeiro disco duro de 5MB, que pesaba unha tonelada, aos discos actuais de varios TB con un tamaño algo maior ca un telefono móbil.

  • Estrutura dun disco magnético:
 
  

-Caras: superficies superior e inferior de cada disco.
-Pistas: círculos concéntricos nos que se divide cada cara do disco.
-Sectores: divisións que fan na pista.
-Cilindros
: conxunto de pistas que están aliñadas verticalmente en todas as caras.
Este concepto utilizase nos discos duros, posto que neles hai varios pratos con pistas en ambas caras.






       



2. Memorias Flash. Busca 2 imaxes na rede (USB e tarxeta de memoria).

A memoria flash é un sistema de almacenamento estático que non necesita corrente para manter gardados os datos. Funciona mediante impulsos eléctricos e alcanza velocidades de funcionamento moi superiores a os outros dispositivos porque permite ler e escribir datos de forma simultánea.
Converteuse nun soporte de uso habitual par almacenar e transportar información xa que, entre as súas características destacan a súa gran capacidade, as súas pequenas dimensións, o sei prezo asequible, a súa gran resistencia, a posibilidade de usala en dispositivos de diferente tipo e a súa facilidade de emprego. Iso si, a vida dunha memoria flash no indefinida: cífranse entre cen mil e un millón as veces que se pode gravar información nela.

Os tipos de memoria flash son:
  • Memorias USB: Pequenos dispositivos cun chip de memoria flash, Conéctanse ao ordenador a través do porto USB en quente, é dicir, aínda que estea acendido. Xeralmente, non hai que instalar ningún sofware nin driver para utilizalas, xa que o sistema operativo as recoñece automaticamente.
  • Tarxetas de memoria: Son os soportes de almacenamento utilizados habitualmente en cámaras dixitais e móbiles, polo que se soen conectar ao ordenador a través dun lector de tarxetas de memoria para transferir a sá información. Existen multitude de tipos e formatos, en función do fabricante; algúns dos máis comúns son SD, MiniSD MicroSD,NanoSD, Compact flash, Memory Stick, xD ,MMC, etc.
      
3. Unidade de estado Sólido. Busca unha imaxe na rede.

Unha unidade de estado sólido SSD ( Solid State Drive ) é un dispositivo de almacenamento secundario de gran capacidade e alta velocidade. Ten o mesmo uso que os discos duros, pero no están formados por discos mecánicos, senón por memorias de circuítos integrados para almacenar a información utilizando tecnoloxías como a memoria flash, memoria SDRAM, etc. Ao non ter pezas móbiles, a unidade de estado sólido reduce drasticamente o tempo de busqueda e latencia, polo que converteuse nunha alternativa moito máis rápida que os discos duros.

As SSD fan uso da mesma interfaz que os discos duros e polo tanto, son fácilmente intercambiables sen ter que recurrir a adaptadores ou tarxetas de expansión para compatibilizalos co equipo. Ao ser inmunes as vibracións externas, son especialmente aptas para vehículos, ordenadores portátiles e outros dispositivos móbiles.

Ningún comentario:

Publicar un comentario