xoves, 10 de decembro de 2015

Actividade 9.



                                 ACTIVIDADE9.PDF

Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE9.
Os conceptos están definidos nas páxinas 49 e 50 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:


(0.75 puntos) Módems (ADSL,cable e USB). Busca unha imaxe de cada un na rede.

Os modems son dispositivos que permiten enviar ou recibir información a través dunha liña analóxica ou dixital. A palabra ``módem´´ provén dos términos MOdular-DEModular e a súa misión consiste en convertir o sinal dixital do ordenador en analóxica e viceversa.
En función da tecnoloxía utilizada para transmitir a información distínguense varios tipos:
  • Modems ADSL: Utiliza un fío de cobre dunha liña telefónica para a transmisión de datos de alta velocidade. Esta tecnoloxía denominase asimétrica debido a que a capacidade de decarga ( en sentido inverso) non coiciden. A tecnoloxía que se emprega , ADSL2, ADSL+2 ou VDSL, proporciona un gran amplo de banda que permite integrar na mesma liña de voz, datos, vídeo e televisión de alta calidade polo que é unha das mais utilizadas.
  • Cable módem: Desinado para modular o sinal de datos sobre a infraestructura de conexión por cable. Utilízase xeralmente para acceder a servizos de televisión por cable que, adicionalmente, proporcionan acceso a internet de banda ampla.
  • Modem USB: utiliza a banda ancha móvil para obter internet en calquera lugar e momento, sempre que dispoña de cobertura. Ofrece diferentes velocidades en función do tipo de conexión , GPRS, 3G ou 4G. Os teléfonos intelixentes pódense configurar como modem co que conectar outros dispositivos inlámbricos.





                                                           









                                   
(0.75 puntos) Router. Busca unha imaxe na rede. 

Un router é un dispositivo que permite interconectar diferentes redes informáticas, seleccionando a ruta de comunicación máis adecuada para o envío de datos. A maioría de routers tamén inclúen un módem coa tecnoloxía adecuada para a conexión a internet.



         







(0.5 puntos) Dispositivo PLC. Busca unha imaxe na rede.

A tecnoloxía PLC (Power Line Communications) utiliza a liña electrónica convencional para a transmisión de datos. Os dispositivos PLC teñen unha función similar a dun módem, aínda que  neste caso ultilizan a rede eléctrica para a transmisón de datos. O seu uso permite, entre outras cousas, o acceso a internet mediante banda ancha, a transmisión de vídeo de alta definición e uso de telefonía IP.




                       





 
(1 punto) Cableado de rede. Busca imaxes na rede onde aparezan os conectores RJ45 e ST e cables de par trenzado apantallado e fibra óptica. Nestes últimos deben estar indicadas as suas partes.
O cable é un dos medios de conexión utilizado nas redes para trasmitir datos. Existen diferentes tipos de cable:
  • Cabreado coaxial: esta formado por un hilo condutor central, protexido das correntes eléctricas externas por unha malla de cobre. É similar a que se usa para a antena de televisión, aínda que actualmente está en desuso.
  • Cabreado de par trenzado: Está constituído por catro pares de hilos. Cada par está entrelazado para disminuir  a interferencia eléctrica e evitar que se acople o sinal entre pares. Dentro deste cabreado distínguense os seguintes tipos:
  1. UTP: É un cable non apantallado. É de baixo coste pero sensible a interferencias, polo que produce máis erros que outros cables.
  2. STP: É un cable apantallado , é dicir, é dicir ten unha malla metálica arredor do cable que o protexe das interferencias electromagnéticas.
  3. FTP: É un cable apantallado con blindaxe global que posúe unha pantalla condutora en forma trenzada. Mellora a protección fronte as interferencias con respecto aos anteriores.
Existen diversas categorías de cables, dependendo da súa velocidade de transmisión. As que están en uso son: categoría 5 (100 Mbps),categoría 6 (1Gbps), categoría 7 (10 Gbps) e categoría 8, que está en fase de desenvolvemento. O cabreado de par trenzado utiliza conectores RJ-45.
 
  • Cable de fibra óptica: É unha fibra moi fina de material tranparente, vidro ou material plástico, pola que se envía un haz de luz. Estes cables constan de un grupo de fibras ópticas protexidas con hiladuras de aramida para facelos resistentes a tracción, ademáis de estar protexidos por varios revestimentos. Os conectores máis ultilizados  na fibra óptica para redes de área local son ST, LC,FC E SC. 

           


















xoves, 3 de decembro de 2015

Actividade 7

ACTIVIDADE7.PDF: 

Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE7. Os conceptos están definidos nas páxinas 44 e 45 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:
1. Disco duro.Busca imaxe ou imaxes na rede onde apareza a estrutura dun disco magnético de xeito similar á figura 27 da páxina 44 do libro.
Un disco duro é un dispositivo magnético utilizado para almacenar gran cantidade de información. Componse de varios pratos, apelados nun mesmo eixe que xira a gran velocidade dentro dunha caixa metálica sellada. Entre os pratos están situadas as cabezas de lectura-escritura que leen e escriben nas dúas cara de cada disco.
Dependendo da tecnoloxía utilizada para a transferencia de datos,os discos duros poden ser de varios tipos: IDE, SCSI, SATA, SAS, etc. O seu tamaño aumentou vertixinosamente, pasando do primeiro disco duro de 5MB, que pesaba unha tonelada, aos discos actuais de varios TB con un tamaño algo maior ca un telefono móbil.

  • Estrutura dun disco magnético:
 
  

-Caras: superficies superior e inferior de cada disco.
-Pistas: círculos concéntricos nos que se divide cada cara do disco.
-Sectores: divisións que fan na pista.
-Cilindros
: conxunto de pistas que están aliñadas verticalmente en todas as caras.
Este concepto utilizase nos discos duros, posto que neles hai varios pratos con pistas en ambas caras.






       



2. Memorias Flash. Busca 2 imaxes na rede (USB e tarxeta de memoria).

A memoria flash é un sistema de almacenamento estático que non necesita corrente para manter gardados os datos. Funciona mediante impulsos eléctricos e alcanza velocidades de funcionamento moi superiores a os outros dispositivos porque permite ler e escribir datos de forma simultánea.
Converteuse nun soporte de uso habitual par almacenar e transportar información xa que, entre as súas características destacan a súa gran capacidade, as súas pequenas dimensións, o sei prezo asequible, a súa gran resistencia, a posibilidade de usala en dispositivos de diferente tipo e a súa facilidade de emprego. Iso si, a vida dunha memoria flash no indefinida: cífranse entre cen mil e un millón as veces que se pode gravar información nela.

Os tipos de memoria flash son:
  • Memorias USB: Pequenos dispositivos cun chip de memoria flash, Conéctanse ao ordenador a través do porto USB en quente, é dicir, aínda que estea acendido. Xeralmente, non hai que instalar ningún sofware nin driver para utilizalas, xa que o sistema operativo as recoñece automaticamente.
  • Tarxetas de memoria: Son os soportes de almacenamento utilizados habitualmente en cámaras dixitais e móbiles, polo que se soen conectar ao ordenador a través dun lector de tarxetas de memoria para transferir a sá información. Existen multitude de tipos e formatos, en función do fabricante; algúns dos máis comúns son SD, MiniSD MicroSD,NanoSD, Compact flash, Memory Stick, xD ,MMC, etc.
      
3. Unidade de estado Sólido. Busca unha imaxe na rede.

Unha unidade de estado sólido SSD ( Solid State Drive ) é un dispositivo de almacenamento secundario de gran capacidade e alta velocidade. Ten o mesmo uso que os discos duros, pero no están formados por discos mecánicos, senón por memorias de circuítos integrados para almacenar a información utilizando tecnoloxías como a memoria flash, memoria SDRAM, etc. Ao non ter pezas móbiles, a unidade de estado sólido reduce drasticamente o tempo de busqueda e latencia, polo que converteuse nunha alternativa moito máis rápida que os discos duros.

As SSD fan uso da mesma interfaz que os discos duros e polo tanto, son fácilmente intercambiables sen ter que recurrir a adaptadores ou tarxetas de expansión para compatibilizalos co equipo. Ao ser inmunes as vibracións externas, son especialmente aptas para vehículos, ordenadores portátiles e outros dispositivos móbiles.

venres, 13 de novembro de 2015

Actividades Optativas.



ACTIVIDADE 3.pdf
Desenrola os seguintes conceptos da páxina 15 do libro mediante parágrafos de 15 liñas aproximadamente e letra de tamaño 12, ampliando a información do libro:

  • eAdministración.
  • Teletrabajo.
  • Gestión de tráfico.
  • eSalud.

ACTIVIDADE4.pdf

Desenrola os seguintes conceptos da páxina 15 ca información do libro (non é necesario engadir nada máis) e busca 2 imaxes para ilustrar cada concepto. Compón un documento de 2 ou 3 páxinas.
  • DNIe.
  • Certificado dixital.

Tema 1: INFORMACIÓN VIRTUAL.

Crea unha nova entrada no teu blog co nome INFORMACION VIRTUAL. En formato libre desenrola os seguintes contidos buscando a información na rede e ilustra cada concepto cun vídeo da rede (duración non superior a 3 minutos si é posible). Non se trata de poñer moita información sinón de intentar explicar os conceptos para que os comprendan os teus compañeiros de clase.
  • Xeolocalización.
A Xeolocalización é un concepto relativamente novo, que proliferou duns dous anos a esta parte e que fai referencia ao coñecemento da propia localización xeográfica de modo automático.
Tamén denominada xeorreferenciación, a xeolocalicación implica o posicionamento que define a localización dun obxecto nun sistema de coordenadas determinado. Este proceso é xeralmente empregado polos sistemas de información xeográfica, un conxunto organizado de hardware e software, máis datos xeográficos, que se atopa deseñado especialmente para capturar, almacenar, manipular e analizar en todas as súas posibles formas a información xeográfica referenciada, coa clara misión de resolver problemas de xestión e planificación.
Existen varias alternativas para coñecer esta localización, aínda que claro, son os dispositivos móbiles os que polo seu portabilidad connosco mesmos permitirannos máis facilmente coñecer a nosa localización e actualizala a medida que nos imos mobilizando e por tanto, cambiando de localización xeográfica.

  • Realidade aumentada.
A realidade aumentada (RA) é o termo que se usa para definir unha visión a través dun dispositivo tecnolóxico, directa ou indirecta, dunha contorna física do mundo real, cuxos elementos se combinan con elementos virtuais para a creación dunha realidade mixta en tempo real. Consiste nun conxunto de dispositivos que engaden información virtual á información física xa existente, é dicir, engadir unha parte sintética virtual ao real. Esta é a principal diferenza coa realidade virtual, posto que non substitúe a realidade física, senón que sobreimprime os datos informáticos ao mundo real.

Coa axuda da tecnoloxía (por exemplo, engadindo a visión por computador e recoñecemento de obxectos) a información sobre o mundo real ao redor do usuario convértese en interactiva e dixital. A información artificial sobre o medio ambiente e os obxectos poden ser almacenada e recuperada como unha capa de información na parte superior da visión do mundo real.

A realidade aumentada de investigación explora a aplicación de imaxes xeradas por computador en tempo real a secuencias de vídeo como unha forma de ampliar o mundo real. A investigación inclúe o uso de pantallas colocadas na cabeza, un display virtual colocado na retina para mellorar a visualización, e a construción de ambientes controlados a partir sensores e actuadores.

Recentemente, o termo realidade aumentada difundiuse polo crecente interese do público en xeral.

  • Licencias Creative Commons.
As licenzas Creative Commons (CC) están ao momento dispoñibles en 43 xurisdicións diferentes de todo o mundo, xunto con outras 19 máis en desenvolvemento.1 As licenzas para xurisdicións fóra dos Estados Unidos están baixo a competencia de Creative Commons International.

A última versión das licenzas Creative Commons é a 4.0. Nesta ampliouse a cobertura legal tamén para bases de datos e mellorouse a legibilidad, entre outras cousas.
Moitas das licenzas,e en particular todas as licenzas orixinais, conceden certos "dereitos básicos" (baseline rights),3 como o dereito para distribuír a obra con copyright, sen cargo. Algunhas das licenzas máis novas non conceden estes dereitos. Os termos de cada licenza dependen de catro condiciones:
AttributionAtribución
(BY)
O beneficiario da licencia ten o dereito de copiar, distribuir, exhibir y representar a obra e facer obras derivadas sempre e cando recoñeza e cite a obra da forma especificada polo autor ou o licenciante.
Non-commercialNon Comercial
(NC)
O beneficiario da licencia ten o dereito de copiar, distribuir, exhibir e representar a obra e facer obras derivadas para fins no comerciais.
Non-derivativeNon Derivadas
(ND)
O beneficiario da licencia soamente ten o dereito de copiar, distribuir, exhibir y representar copias literais da obra e non ten o dereito de producir obras derivadas.
Share-alikeCompartir Igual
(SA)
O beneficiario da licencia ten o dereito de distribuir obras derivadas baixo unha licencia idéntica a  licencia que regula a obra orixinal.




          


  • Macrodatos (Big Data).
Macrodatos é unha alternativa en español á voz inglesa big data, que se emprega no sector das tecnoloxías da información e da comunicación para aludir a un conxunto de datos que polo seu volume, variedade e pola velocidade á que necesitan ser procesados supera as capacidades dos sistemas informáticos habituais.
O termo macrodatos é unha alternativa válida pois achega, como big, o significado de ``grande´´; é unha solución breve e non ten, como ocorrería con megadatos, un posible risco de confusión co termo mega, moi frecuente tamén nos mesmos ámbitos.


TEMA 2: HARDWARE

Google sites.



Crea un arquivo en Open Officce Writer en formato libre (tamaño de letra 12). Os conceptos están definidos nas páxinas 30 e 31 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:


  •     Hardware e Software. 
  •     Definición da Arquitectura Von Neuman cunha imaxe ou esquema representativo.

Crea un arquivo en Open Officce Writer en formato libre (tamaño de letra 12). Os conceptos están definidos nas páxinas 34 e 35 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:
  • Placa Base. Busca imaxe na rede dunha placa base onde aparezan identificados os seus zócalos localizando onde se conectan os distintos compoñentes.
  • Chipset.
  • Microprocesador. Busca imaxe na rede.
Crea un arquivo en Open Officce Writer en formato libre (tamaño de letra 12). Os conceptos están definidos nas páxinas 38 e 39 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:
  • Portos de Comunicación. Busca imaxe ou imaxes na rede onde aparezan identificados, como mínimo, os portos da figura 15 da páxina 38 do libro.
  • Tarxetas de expansión. Busca imaxes na rede onde aparezan identificadas tarxeta de son e tarxeta gráfica cos seus conectores.

venres, 6 de novembro de 2015

Tema 1 Sociedade do Coñecemento: INTELIXENCIA ARTIFICIAL.


Nesta ligazón atoparás un documento elaborado pola Universidade de Valencia. A información que necesitas está nas 6 primeiras páxinas do documento.
Cos contidos que se enumeran a continuación crea unha entrada nova no teu blog co nome de Tema 1 Sociedade do Coñecemento: INTELIXENCIA ARTIFICIA.



  • Definición de Intelixencia Artificial explicando para qué serven as súas técnicas e metodoloxías. 
 A Intelixencia Artificial hai que enmarcala nun contexto evolutivo xa que
está á vangarda das investigacións en informática e continuamente ábrense
novas vías de investigación. En consecuencia non existe unha única definición de Intelixencia Artificial senón que esta depende da perspectiva desde a cal se tente
realizar:


1. Desde a perspectiva de Intelixencia (Brown, 1997: 1):  a intelixencia
artificial trata de construír máquinas intelixentes que actúen como nós
esperamos que a xente actúe.


2. Desde a perspectiva da investigación (Brown, 1997:2): a intelixencia
artificial estuda como lograr que as máquinas realicen tarefas que, polo momento,
son realizadas mellor polos seres humanos.


En resumo poderiamos dicir que a Intelixencia Artificial está formada
por unha serie de técnicas e metodoloxías encamiñadas a resolver problemas non
estruturados que necesitan do coñecemento para a súa resolución xa que carecen dunha
resposta inmediata e mesmo presentan máis dunha solución como consecuencia da
existencia de incerteza ou ambigüidade nos resultados finais ou parciais. Para a
resolución dos devanditos problemas, a Intelixencia Artificial recorre aos algoritmos ou ás
regras heurísticas.

  • Obxectivos básicos. 
A Intelixencia Artificial é unha rama da Informática, xurdida ao redor dos
anos cincuenta, que persegue á vez dous obxectivos básicos:


1.- Estudar o comportamento intelixente dos seres humanos, incluíndo
tanto o aspecto cognoscitivo como o perceptual, co fin de simulalo nun
computador.


2.-Facer máquinas intelixentes e programas capaces de imitar o comportamento humano intelixente, é dicir que poidan realizar as operacións humanas de ver, oir, falar, razoar, xulgar, comprender, aprender da experiencia e comunicarse como o fan as persoas humanas.
 

  • Definición de Sistemas de Procesamento de linguaxe natural. 
 Os sistemas de procesamento da linguaxe natural son sistemas cuxo obxectivo é o tratamento automático da información lingüística, é dicir,  trátase de sistemas nos que o usuario introduce os datos no computador utilizando o mesmo linguaxe que utiliza para comunicarse con outras persoas, o computador codifica esa información en linguaxe de máquina para podela procesar e, unha vez procesada, xerar a saída adecuada en linguaxe natural.
  • Definición de Recoñecemento de Visión. 
 Os sistemas de recoñecemento da visión son programas de computador que
realizan tarefas de tratamento de imaxes, para manipulalas, realizar traballos de creatividade, publicidade, edición, controlar procesos industriais, de seguridade, etc., mediante a incorporación da capacidade visual a un computador para que sexa capaz de identificar o que ve. O seu estudo céntrase principalmente no desenvolvemento de sensores capaces de observar a contorna e de poder transmitir o que observan a un robot, co fin de que este retroaliméntese continuamente, en tempo real, e poida cambiar as operacións que realiza en función dos cambios na contorna.

  • Definición de Sistemas Baseados no Coñecemento e Sistemas Expertos.
 Os sistemas baseados no coñecemento son programas informáticos que
conteñen o coñecemento dun dominio específico dunha forma explícita e
separado do resto do sistema, é dicir, existe unha clara separación entre os
coñecementos que posúe o sistema sobre o dominio e os mecanismos de explotación  que utiliza o sistema para chegar a establecer as súas conclusións. 


Cando o coñecemento que contén o sistema baseado no coñecemento é proporcionado por persoas expertas no dominio, atopámonos ante os sistemas expertos. 


Os sistemas expertos son programas que imitan o proceso de razoamento
dos expertos humanos e proporcionan marcos de decisión co
tipo de consello similares aos que se recibirían dun experto humano.
 

  • Definición de Redes Neuronais. 
 A redes neuronais son sistemas  que simulan o proceso de recoñecemento do
cerebro humano e do mesmo xeito que as neuronas biolóxicas, estes sistemas están deseñados para aprender da observación e a repetición. As redes neuronais tratan de resolver de forma eficiente problemas nos cales a información é difusa, incerta, contraditoria ou errónea. En consecuencia como mediante a metodoloxía dos problemas susceptibles de ser resoltos as redes neuronais son: problemas de optimización, problemas de recoñecemento e problemas de xeneralización.


  • Definición de Sistemas Inductivos.
Os sistemas inductivos xeran unha árbore de decisión a partir dun conxunto de exemplos que constitúen o conxunto de adestramento. É dicir, trátase de sistemas que parten dun conxunto de exemplos segundo un atributo, e van seleccionando ata que todos os exemplos do subconjunto elixido pertenzan a unha mesma clase conduzan a un mesmo resultado. Estes sistemas son útiles en aplicacións simples onde o conxunto de adestramento é relativamente completo e exacto, coñécense todos os datos e as súas solucións. Dentro do conxunto de sistemas inductivos cabe destacar os sistemas de razonamiento baseado en casos (RBC) que recuperan a experiencia relevante (feitos e solucións históricos) anterior, da que se dispón, para solucionar novos problemas que presentan características similares.